9 nov 2012

Os deuses non poden con nós

Previsión de Meteogalicia para o domingo 11 pola mañá.

Pois nada, que Meteogalicia segue sen darnos boas novas. Por isto, e ante a posibilidade de que a ruta do domingo se anule por mal tempo, tal e como apuntamos nas condicións da actividade, decidimos cancelala no formato como estaba deseñada. Pero negámonos a non realizar ningunha das actividades previstas no marco da Feira do Outono de Allariz!!!! Polo que como actividade complementaria á feira e para agradecer a apertura de portas do concello á iniciativa privada, o domingo ás 10:30 dende o Café Bar Recuncho do Arnoia (ver en Google Maps) faremos polo menos parte desta. Non será necesario inscrición nin pagamento previo, xa que logo é posible que se fai moi mal tempo a actividade se anule de todos modos. Con tal, se o domingo espertas e non chove e queres camiñar un pouco polo corazón da Reserva da Biosfera de Allariz da man de especialistas que nos ensinarán todo o seu valor patrimonial só tes que aparecer neste punto á hora marcada. Se queredes máis información estaremos todo o fin de semana no pavillón da Feira. O programa definitivo da actividade será:

10:30 _ Punto de encontro _ Reunión dos participantes (avaliación colectiva das condicións metereolóxicas para facer a actividade). 

10:30 - 10:45 _ Desprazamento en automóbil dende Allariz ata o punto de inicio da ruta (A Portela). A organización disporá dun máximo de 14 prazas. No caso de reunir un grupo maior será necesario usar vehículos propios. 

11:00 _ Inicio da andaina Portela-Allariz (7 km). Durante o percorrido faremos diferentes paradas e obradoiros de interpretación patrimonial. 

14:00 _ Fin da actividade. 


Recomendacións: 

Equipo aconsellable: mochila pequena con chuvasqueiro e paraugas e algo de avituallamento (froitos secos, froita, chocolate, bebidas...). Recomendamos levar roupa de abrigo e calzado adecuado para camiñar pola ribeira do río. Asemade recomendamos tamén deixar unha muda no punto de inicio da ruta. 

Comportamento: parte do roteiro realízase dentro da Reserva da Biosfera de Allariz, xa que logo a nosa conduta debe ser respectuosa co medio atendendo en todo momento as indicacións da organización.  






No hay comentarios:

Publicar un comentario