Botádelle unha ollada ao vídeo que editaron uns amigos que participaron na Ruta do Arnoia. Moi chulo si señor!! Graciñas compañeir@s. ;)
Rutas do Outono por Allariz
Unha experiencia única pola súa paisaxe, gastronomía e tradicións.
26 nov 2012
9 nov 2012
Os deuses non poden con nós
Previsión de Meteogalicia para o domingo 11 pola mañá. |
Pois nada, que Meteogalicia segue sen darnos boas novas. Por isto, e ante a posibilidade de que a ruta do domingo se anule por mal tempo, tal e como apuntamos nas condicións da actividade, decidimos cancelala no formato como estaba deseñada. Pero negámonos a non realizar ningunha das actividades previstas no marco da Feira do Outono de Allariz!!!! Polo que como actividade complementaria á feira e para agradecer a apertura de portas do concello á iniciativa privada, o domingo ás 10:30 dende o Café Bar O Recuncho do Arnoia (ver en Google Maps) faremos polo menos parte desta. Non será necesario inscrición nin pagamento previo, xa que logo é posible que se fai moi mal tempo a actividade se anule de todos modos. Con tal, se o domingo espertas e non chove e queres camiñar un pouco polo corazón da Reserva da Biosfera de Allariz da man de especialistas que nos ensinarán todo o seu valor patrimonial só tes que aparecer neste punto á hora marcada. Se queredes máis información estaremos todo o fin de semana no pavillón da Feira. O programa definitivo da actividade será:
10:30 _ Punto de encontro _ Reunión dos participantes (avaliación colectiva das condicións metereolóxicas para facer a actividade).
10:30 - 10:45 _ Desprazamento en automóbil dende Allariz ata o punto de inicio da ruta (A Portela). A organización disporá dun máximo de 14 prazas. No caso de reunir un grupo maior será necesario usar vehículos propios.
11:00 _ Inicio da andaina Portela-Allariz (7 km). Durante o percorrido faremos diferentes paradas e obradoiros de interpretación patrimonial.
14:00 _ Fin da actividade.
Recomendacións:
Equipo aconsellable: mochila pequena con chuvasqueiro e paraugas e algo de avituallamento (froitos secos, froita, chocolate, bebidas...). Recomendamos levar roupa de abrigo e calzado adecuado para camiñar pola ribeira do río. Asemade recomendamos tamén deixar unha muda no punto de inicio da ruta.
Comportamento: parte do roteiro realízase dentro da Reserva da Biosfera de Allariz, xa que logo a nosa conduta debe ser respectuosa co medio atendendo en todo momento as indicacións da organización.
8 nov 2012
A Feira do Outono de Allariz nos medios
Este ano a Feira do Outono de Allariz abre as portas á iniciativa privada, de modo que institucións como a Fundación Ferreiro e o Centro Medioambiental O Rexo ou nós Xeitura: Xestión Integral do Patrimonio Cultural, colaboramos activamente coa coordinación de cursos de cociña, obradoiros etnográficos, de ornitoloxía, patrimonio cultural e reciclaxe, entre outros. Unha proposta transversal que pretende por unha banda servir como pulo de atracción turística, desestacionalizándoo, namentres que propón actividades formativas e de lecer alternativas para todos os ourensáns. Desta particularidade fanse eco hoxe os medios de comunicación:
La 'XVII Feira de Outono' reunirá a 42 productores
La implicación de la iniciativa privada amplía la oferta del fin de semana
La Región 8-11-2012 (ler nota de prensa completa)5 nov 2012
As rutas na XVII Feira de Outono de Allariz
Xa estamos a menos dunha semana para a primeira ruta!! Esta enmárcase dentro da programación ofertada polo Concello de Allariz con motivo da XVII Feira do Outono. Se queredes coñecer todas as actividades nesta ligazón tedes máis información: http://www.allariz.com/feiradeoutono/actividades.html
26 oct 2012
Tríptico oficial das
Rutas do Outono por Allariz
Agora si!!!!! ...grazas ó bo traballo da xente de Impresionarte xa podemos dar difusión do tríptico definitivo das Rutas do Outono por Allariz.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)