Inscrición

Gustaríache participar nalgunha destas rutas? ...nas dúas? ...non tes tempo e só poderías participar nalgún obradoiro en singular? Escolle a túa modalidade de participación e adiante!!

Recorda que para realizar un obradoiro en singular ou a visita arqueolóxica será necesario conformar grupos de mínimo 4 persoas e reservar por correo electrónico ou teléfono cunha antelación de alomenos 72 horas da data na que se pretenda realizar a actividade. Esta data deberá ser sempre diferente ao 11, 18 e 25 de novembro ou 1 de decembro (datas reservadas só para as rutas completas). 

PREZO POR PERSOA (IVE INCLUÍDO)
1 ruta con xantar incluído: 39 Euros
2 rutas con xantar incluído: 75 Euros
1 obradoiro: 15 Euros
2 obradoiros: 28 Euros
Visita arqueolóxica: 10 Euros
_
Opcións de pagamento: 


Opción 1: 

1º)Ingresar, indicando no concepto “Nome, apelidos e a data de realización da ruta”, o prezo de matrícula no nº de conta (Banco Santander): 0049 0392 62 2394635732 

2º)Encher a ficha  de inscrición e enviala a xeiturareservas@gmail.com xunto ao xustificante de ingreso.
(descarga aquí a ficha de inscrición)


Opción 2: 
Inscrición e pagamento en efectivo nos locales colaboradores: 


MOA ARTESANÍA 
Rúa Hospital, 10 Baixo 32660 Allariz, Ourense

CAFÉ-BAR MIUDIÑO 

Rúa Alfredo Nan, 2 Baixo 32660 Allariz, Ourense


Ver Locales colaboradores de Xeitura: Xestión Integral do Patrimonio Cultural nun mapa máis grande



Condicións da actividade: 
*Unha vez formalizada a inscrición, soamente se devolverá o importe íntegro da matrícula nos seguintes casos:
-por non asistencia se o aviso de anulación realizase antes das 72 horas do comezo da actividade. Pasado este período non se devolverá o importe agás causa xustificada.
-no caso de que se suspenda a actividade por condicións meteorolóxicas adversas ou por non alcanzar o número mínimo de participantes.

*A empresa non se fará responsable dos accidentes ou lesións que poidan ocorrerlle aos participantes durante o desenvolvemento da actividade, pero tratará por tódolos medios de evitalos. A formalización da inscrición leva consigo a aceptación desta cláusula eximindo de toda responsabilidade derivada á organización.

*Os datos achegados serán tratados de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

*Xeitura: Xestión Integral do Patrimonio Cultural poderá utilizar todo o material gráfico  (fotografías, vídeos…) derivado da actividade como recurso de promoción no futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario