Ruta do Magosto

Ruta polos montes de Santa Mariña de Augas Santas que combina mitos e lendas con saberes milenarios

Datas: 
25 de novembro e 1 de decembro de 2012 (posibilidade de realización noutras datas baixo reserva previa)

Temática: 
Etnografía, Arqueoloxía, Micoloxía, Gastronomía

Descripción da actividade: 
A actividade comeza na Escola de Cestaría de Santa Mariña de Augas Santas cun obradoiro de iniciación á cestaría no que da man dun artesán poderás aprender un oficio milenario e facer o teu propio cesto para recoller os produtos do outono.


Fai o teu propio cesto do outono axudado por un artesán 
Unha vez que teñas o teu cesto, participarás nun obradoiro de iniciación á micoloxía e gozarás dunha visita guiada pola contorna do conxunto patrimonial de Armea, enchéndoo  de produtos de época. Namentres aprendes a distinguir os cogomelos comestibles e o seu hábitat encherás tamén a túa mente de lendas tan suxerentes como a do vídeo:


Para rematar degustarás a túa recolleita cociñada nun forno tradicional restaurado e gozarás dos licores e doces da zona na foliada dun auténtico magosto popular. Unha experiencia única!!

A actividade rematará na aldea da Cal. Dende este lugar ás 17:30 horas aproximadamente sairá unha furgoneta con destino ó punto de encontro e de orixe da ruta. 



Descripción da ruta: 

Dificultade: BAIXA  
(marcha efectiva de menos de 2 horas por terreos sen grandes desniveis)  


Lonxitude total: 6,1 km.

Altitude máxima: 705 m.                               Altitude mínima: 505 m.  





Punto de encontro: 
Escola de Cestaría de Santa Mariña de Augas Santas, Allariz (OURENSE) (VER EN GOOGLE MAPS)

Pregamos deixar os automóbiles no aparcadoiro da entrada da aldea. Hora de reunión: 10:30


Recomendacións: 
Equipo aconsellable: mochila pequena con chuvasqueiro e paraugas e algo de avituallamento (froitos secos, froita, chocolate, bebidas...). Aínda que as previsións do tempo sexan boas recomendamos levar roupa de abrigo e calzado adecuado para camiñar polo monte. Asemade recomendamos tamén deixar unha muda no punto de inicio da ruta.  

Comportamento: parte do roteiro realízase dentro dun xacemento arqueolóxico, xa que logo a nosa conduta debe ser respectuosa co patrimonio atendendo en todo momento as indicacións da organización.                      

No hay comentarios:

Publicar un comentario